martes, 26 de octubre de 2010

Perspectivas de cambio


Coma sempre, a constancia non é o meu punto máis forte e sigo con isto abandonado.

Tiña ganas de escribir hoxe porque estou con humor de inverno. É incrible que xa teñamos que ir a clase con abrigo, parece que foi onte cando estaba tirada ás tres da mañá nunha praia do Algarve en camiseta de tiras, ou camiñando en chanclas por Lisboa de mañanciña. Aínda están frescas na memoria as conversacións, as risas, as miradas, as caras de xente que coñecín, o olor de sitios e persoas especiais.
Encántame o verán pola súa fugacidade, pola súa luz, pola despreocupación, polos olores, toda a sensación de "carpe diem" que o invade, a pasión e intensidade con que se vive, polo sentimento de total liberdade.
Viaxar, coñecer xente, estar un día nun sitio e non saber onde acabarás durmindo a noite seguinte ou a donde te levará o seguinte tren que collas, intercambiar experiencias, vivir conexións apasionantemente inesperadas, compartir, convivir, rir, correr, respirar, mirar, ver, oler, sentir... vivir.
Estoume poñendo melancólica.

Se me poño a pensar un pouco creo que, cun pouco de sorte, a miña vida pode experimentar un xiro drástico en moi pouco tempo (aínda tendo en conta o moito que xa cambiou).
Polo de agora teño a cabeza chea de cousas: moreas de tarefas que facer para a facultade, o traballo, a organización do piso, os exames que teño que comezar a preparar xa... Aínda así é curioso pensar que canto mais teño que facer, mellor me organizo. Xa case non teño tempo de vaguear, a miña actividade lúdica favorita, ou tumbarme no sofá a non facer nada, nin sequera de debuxar ou de ler un libro por pracer -e non por obriga-.
Espero que todo isto teña a súa recompensa, e quen sabe, quizais o ano que ven estea escribindo dende as Antípodas (e nese caso gustaríame ter este espazo como método de conexión (ou desconexión, según se mire).
Quen sabe. Se cadra non é Australia, nin Estados Unidos ou Canadá, pero seguramente estexa lonxe de aquí. E é un bo xeito de contalo.

Namentres teño moito que facer para intentar conseguilo. Como primeira meta, preparar un horrible exame nun horriblemente corto espazo de tempo, levar curso como mellor poida e ter moitos ánimos para encher papeleo e loitar coa burocracia universitaria (que parece unha coña pero...).

Quédame tamén o alivio dunha pequena illa de relax no medio de tanto agobio; e é que en decembro viaxo a Holanda! Que ganas teño de volver.
Se puideramos ver a neve en Ámsterdam...